UNHA CIDADE VIRTUAL PARA EL APRENDIZAXE DE ENXEÑARÍA BASEADA EN PROBLEMAS

Obter o Xogo

Descrición

A dificultade que os estudantes de educación secundaria teñen coas matemáticas e outras materias relacionadas coa ciencia é un problema xeneralizado en Europa, segundo sinalan varios estudos comparativos internacionais como PISA ou TIMSS, o que provoca que os estudantes non fagan carreiras académicas de perfil técnico, por exemplo enxeñaría. Isto non se debe á menor capacidade dos mozos, senón principalmente a estratexias de ensino equivocadas. Non podemos esquecer que esta xeración é a “xeración net” ou “nativos dixitais”: asimilan rapidamente información en porcións máis pequenas, esperan respostas e retroalimentación instantáneas, e queren ser activos na súa aprendizaxe.

O proxecto eCity pretende deseñar, desenvolver e validar unha metodoloxía pedagóxica, co apoio dunha plataforma on-line colaborativa que permite facer simulacións do desenvolvemento dunha cidade (similar á serie de xogos Simcity), que estimula a integración e a explotación continua de Aprendizaxe Baseada en Problemas nas escolas de enxeñaría, pero, ao mesmo tempo, fomenta o interese pola enxeñaría nos estudantes de escolas secundarias.

O principal objectivo do projecto eCITY é conceber, desenvolver e validar uma metodologia pedagógica, suportada por uma plataforma colaborativa online de simulação de uma cidade (como o SimCity), que estimule a integração e exploração contínua da Aprendizagem Baseada em Problemas em escolas de engenharia, ao mesmo tempo que fomenta o interesse pela Engenharia em estudantes do ensino secundário.

eCity é un programa educativo oficial para a Grecia e Turquía e está presente no Portal Europeo Scientix.

Produtos

O obxectivo principal do proxecto eCity é deseñar, desenvolver e validar unha plataforma VLE (Virtual Learning Environment) on-line colaborativa orientada a ABP, baseada nun motor de simulación dunha cidade que estimula a integración e a explotación continua de Aprendizaxe Baseada en Problemas. A plataforma utilizarase de xeito colaborativo polos estudantes das escolas secundarias e de formación profesional e as escolas de enxeñaría de educación superior.

Espérase que o VLE centrado en ABP chamado eCity sexa un contexto xeral e estimulante, especialmente debido á natureza e a complexidade da diversidade de problemas que estarán dispoñibles na cidade virtual. A plataforma tamén promoverá un sentido de pertenza a unha comunidade, o apoio mutuo e un sistema de recompensas adicional que inclúe puntos de reputación pola resolución de problemas permitindo o establecemento de clasificacións (promovendo unha competencia sa); a “inmortalidade” do traballo do alumno, a súa contribución queda rexistrada e é accesible por todos os usuarios desde o inicio do xogo, estimulando unha vez máis o mecanismo da motivación de recoñecemento.

Tamén é importante o feito de que a plataforma integrarase nunha metodoloxía pedagóxica clara, orientada a ABP, para asegurar que a máxima relevancia é dada ao proceso de aprendizaxe, e non á tecnoloxía. Os problemas ou desafíos pódense introducir na plataforma como tarefa para casa,traballo en equipo, actividades curriculares, competicións extraescolares, proxectos grandes ou pequenos, etc. ABP pode ser incorporado dentro das estruturas existentes con pouca interrupción, xa que pode ser implementado nunha variedade de formas. Polo tanto, non é necesario cambiar a organización curricular xa que os problemas poden ser formateados para os diferentes momentos e esquemas de traballo.

Resultados

Como resultados concretos, o proxecto producirá:

  • Unha plataforma de simulación on-line, de colaboración baseada no motor dun simulador de desenvolvemento dunha cidade. Esta contorna ABP está deseñado para permitir unha transferencia sinxela de aprendizaxe desde e cara a outras realidades grazas ao xogo dinámico e agradable, que replica contextos reais e proporciona unha formación práctica para situacións moi específicas. Será de libre acceso durante e despois do proxecto para outras institucións de enxeñaría e escolas secundarias.
  • Un conxunto de 8 problemas dispoñibles, configuracións de plataforma e guías pedagóxicas para libre uso. Estes problemas poderanse configurar e personalizar, por exemplo, para reflectir situacións reais nas cidades.
  • Unha metodoloxía pedagóxica validada para integrar a plataforma eCity que pode ser repetida noutras escolas de enxeñaría. De feito, esta metodoloxía está composta por dous enfoques complementarios:
    • Por unha banda, serán os propios estudantes de enxeñaría os que desenvolverán novos desafíos e problemas. Deste xeito, os estudantes terán que aplicar directamente os conceptos aprendidos na educación superior.
    • Doutra banda, os alumnos irán resolvendo o conxunto de desafíos desenvolvidos no proxecto, ademais doutros novos coa axuda dos estudantes de secundaria ou de formación profesional. Deste xeito, os alumnos sustentarán a súa aprendizaxe de enxeñaría e, ao mesmo tempo desenvolverán outras habilidades como o liderado, o traballo en grupo e a colaboración.
  • Unha metodoloxía motivacional, para ser utilizada en escolas de secundaria e en formación profesional con vista de integrar a plataforma eCity como unha actividade complementaria para os estudantes, desenvolvendo o seu interese e motivación cara á enxeñaría.

Colaboradores

  • Instituto Superior de Engenharia do Porto
  • University of Thessaly
  • University of Vigo
  • Fondazione Ikaros
  • Virtual Campus Lda.
  • Ayas Naime Ali Karatas Cok Programli Lisesi
  • University of Valencia

Contacto

Si ten algunha idea ou pregunta sobre o proxecto, por favor use o seguinte formulario para poñerse en contacto connosco: